400 mozos poderán optar a unha bolsa no novo plan de práctica laboral da Deputación
Por Redacción
A Deputacion de Pontevedra aprobou nos últimos días as bases do seu novo Plan de Práctica Laboral, polo que 400 mozos poderán acceder á súa primeira experiencia laboral.
A institución provincial destina a este programa 700.000 euros.
As persoas que se benificien deste plan recibirán entre 700 e 800 euros ao mes durante un ano como máximo, traballando en empresas do sector privado, corporacións sectoriais (colexios profesionais, confrarías, comunidades ou federacións deportivas) e organizacións non gobernamentais da provincia.
En total presentáronse a esta convocatoria máis de 1.200 empresas e organizacións, das que foron seleccionadas 400.
Segundo sinala a Deputación, as titulacións universitarias máis demandadas don Administración e Dirección de Empresas, Enxeñería Técnica Informática, Ciencias Empresariais, Arquitectura e Publicidade e Relacións Públicas. No caso dos ciclos superiores o máis solicitado foi administración e finanzas, márketing e publicidade, vendas e espazos comerciais e axencias de viaxes e xestión de eventos.