Unha campaña especial da DGT vixiará o consumo de alcol e drogas ao volante esta fin de semana
Por Redacción
A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) detectou un cambio no comportamento dos condutores que supuxo un descenso significativo dos positivos detectados en controis preventivos de alcoolemia realizados nas estradas españolas no último decenio, pasándose dunha 5,1% inicial a un 1,6% na actualidade. En todo caso, esta evolución non significa que se eliminara o risco, de modo que segue realizando novas campañas. A nova chegará este venres ás estradas pontevedresas.
A campaña comezará este venres 12 de agosto e prolongarase durante tres días, ata o domingo 14, centrándose no control da taxa de alcoholemia e de consumo de drogas entre os condutores.
Durante eses tres días, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis deste tipo nas vías de toda Galicia en xeral e tamén se potenciará a colaboración cos concellos para efectuar controis en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de lecer nocturno, como pode ser o caso de Sanxenxo.
O obxectivo, tanto desta campaña especial como dos controis ordinarios realizados pola Garda Civil de Tráfico e as policías locais é proseguir nesta liña descendente nos positivos en alcohoemia, coa premisa de que a única taxa segura é o 0,0% e lembrando que o alcol é un factor concorrente ou determinante nun terzo dos accidentes mortais de circulación.
De feito, as análises toxicolóxicas realizadas a condutores falecidos en 2015 en accidentes de tráfico deron positivo en alcol, drogas e psicofármacos nun 43,10% dos casos, unha porcentaxe que sobe ata o 46,37% no caso de peóns falecidos pola mesma causa.
Relacionadas:
-
Unha noite de 400 test de alcoholemia e só un positivo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada