Paso definitivo para consolidar os núcleos do litoral de Marín
Por Redacción
O conflito xurdido en Marín hai máis dunha década solicitando regularizar os chamados 'núcleos do litoral' pode darse por resolto tras a publicación este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE) da resolución de Costas na que confirma o procedemento de deslinde do municipio aceptando que os citados núcleos de poboación eran anteriores á aprobación da lei de 1988 que regula a construción en liña de costa e, por tanto, as vivendas son regularizables.
O BOE sirve para confirmar o acordo definitivo ao que chegaran os veciños e o Concello coa Xunta de Galcia e a Dirección General de la Costa y del Mar e publica o deslinde definitivo dos bens de dominio público marítimo-terrestre do tramo de costa de 10.472 metros de lonxitude, que comprende a totalidade do termo municipal de Marín, excepto o tramo correspondente á Escola Naval de Marín (Pontevedra).
Ese deslinde definitivo, que permite respirar tranquilos a veciños de Loira, Aguete, Mogor e Ardán realízase conforme aos planos datados en outubro de 2015, subscritos pola Xefe do Servizo de Costas. Agora, tras a súa publicación no BOE, ordénase ao Servizo Provincial de Costas de Pontevedra que inicie as actuacións conducentes a rectificar as situacións xurídicas rexistrais contraditorias co deslinde aprobado.
Ademais, outórgase o prazo dun ano aos veciños para que soliciten a correspondente concesión para os seus terreos incluídos no dominio público marítimo-terrestre, que puidesen acreditar a súa inclusión nalgunha das excepcione á lei xeral pactada entre os afectados e as administracións
O deslinde recolle a rebaixa da liña contemplada no Plan Xeral de Urbanismo aprobado definitivamente no ano 2012, que rebaixaba o tramo nos núcleos de Mogor, unha parte de Aguete e unha parte de Loira. Posteriormente, e por mor da modificación da Lei de Costas do ano 198,8 presentouse a proposta para o resto dos núcleos, a parte que faltaba en Aguete, a outra parte de Loira, Casás e Teoira. Neste BOE recóllese a rebaixa proposta, xa plasmada nos documentos que foron presentados ante a administración Central, na Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente.
Es afectado? Coñece aquí todos os detalles.
Relacionadas:
-
Os veciños dos núcleos do litoral de Marín están a recibir notificacións de apercibemento de derrubo
Por Oskar Viéitez |
-
Ethel Vázquez: "Marín foi o concello que mellor soubo xestionar a situación dos núcleos do litoral"
Por Natalia Puga |
-
Respaldo de Costas á consolidación dos núcleos do litoral de Marín
Por Redacción |