Deseñan novos programas municipais de inclusión social para 246 beneficiarios
Por Redacción
A concellería de Benestar Social de Pontevedra deseñou novos programas de inclusión social para os exercicios 2016-2017 dos que poderán beneficiarse ata 246 persoas en risco de exclusión social.
Os programas e itinerarios de intervención deseñados teñen o obxectivo de fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión e supoñen 2.436 horas de traballo.
Este tempo coincide coa adicación dunha profesional a xornada completa, pero destes programas non só se ocuparía unha persoa, senón que tamén habería dúas traballadoras sociais e unha educadora social do departamento municipal de Benestar Social.
Para poder poñer en marcha estes programas, o Concello solicitará axudas á Xunta de Galicia dentro da convocatoria de investimentos en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión.
O Concello quere acometer os seguintes itinerarios e accións formativas:
- Itinerarios de inclusión para persoas usuarias de Risga. Obxectivo: chegar á traballar con 140 persoas e as súas 140 familias
- Alfabetización de adultos
- Competencias claves
- Manipulador produtos alimentarios
E estes programas formativos a desenvolver dirixidos á inclusión social pola educación da comunidade xitana:
- Aula de reforzo escolar
- Aula promociona
- Obradoiros interculturais