Denuncian o despedimento de dous candidatos da CIG antes de eleccións sindicais
Por Redacción
O sindicato nacionalista CIG denunciou ante a Inspección de Traballo o despedimento de dous empregados da empresa Transegre que figuraban na candidatura desta central nas eleccións sindicais convocadas por primeira vez nesta empresa.
Xabier Aboi, responsable da CIG, indica que se trata dun caso de vulneración dun dereito fundamental. Indica que os despedimentos só xustifícanse como unha "transgresión da boa fe contractual".
Desde o sindicato alertan de que iniciarán unha campaña de protestas para reclamar a reincorporación dos dous traballadores á espera de que o xulgado decrete nulo o despedimento.
Transegre, é unha empresa xestionada desde Cataluña, que conta en Pontevedra con máis de quince traballadores.
Relacionadas:
-
Condena sen precedentes nun xulgado pontevedrés por un delito contra os dereitos dos traballadores
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Piden dous anos de prisión para dous responsables dunha empresa por un delito contra os dereitos dos traballadores
Por Natalia Puga |
-
A CIG denuncia a Transegre ante o Xulgado por un delito contra os dereitos dos traballadores
Por Natalia Puga |