VÍDEO.- San Roque sae en procesión
Por Diego Torrado
Tras unha misa solemne na basílica de Santa María, San Roque volveu saír en procesión este martes 16 de agosto, no seu día. Realizou o percorrido habitual custodiado polos seus fieis polas avenida de Santa María, as rúas Ferreiros e Alfonso XII e o Paseo de Colón, para terminar na capela de San Roque.
Non faltaron á súa cita xigantes e cabezudos nin as tradicionais Madamitas coas que terminou o acto relixioso.