Poio rexistra unha ocupación hoteleira do 98% na primeira quincena de agosto
Por Redacción
Poio logrou uns datos magníficos de ocupación hostaleira durante a primeira quincena de agosto alcanzando un 98% de ocupación, catro puntos por encima da que se rexistraba durante este mesmo período en 2015. E ademais, mellora os resultados dos úlitmos 6 anos.
Ata as oficinas de turismo municipais de Poio, durante este primeiros quince días de agosto achegáronse 3.184 persoas, das que un 88% foron turistas nacionais, a maioría procedentes de Madrid, Andalucía, País Vasco ou Cataluña.
Os estranxeiros procedían principalmente de Portugal, Francia, Reino Unido, Alemaña e Italia. Todos estes turistas destacan como elemento para escoller o municipio de Poio como lugar de visita a singularidade da contorna histórica de Combarro, a gastronomía, ademais da natureza e a cultura.