Corte de auga en Cuntis debido a unha avaría
Por Redacción
O Concello de Cuntis alerta aos veciños de que o proximo luns 22 de agosto cortarase a subministración de auga na rúa Circunvalación, desde a zona dos semáforos ata o restaurante Don Manuel.
A causa deste corte atópase nunha avaría na rede de abastecemento de auga, que obrigará a que se desenvolvan os traballos de reparación.
O corte iniciarase ás 8.30 horas do luns e concluirá cando finalicen as obras, sen que haxa unha previsión concreta.