Marea pide ao Concello que consiga os terreos para poder conectar a rúa Lepanto coa praza de Barcelos
Por Oskar Viéitez
Dende hai máis de dúas décadas o Concello de Pontevedra dispón dun proxecto de urbanización e apertura dunha pequena rúa que comunica a praza de Barcelos coa rúa Lepanto. A falta de disponibilidade dos terrenos frustrou esta obra.
O gobierno local entende que para poder abrir esta vía só hai dúas posibilidades: a cesión gratuita dos terreos ou un acordo económico razonable cos propietarios para a súa adquisición. Ningunha das dúas condicións se deu ata agora.
O grupo municipal de Marea Pontevedra presentou unha moción no concello instando ao goberno local a que axilice os trámites administrativos e urbanísticos que permitan executar, no menor prazo posible, a apertura total da denominada "Rúa da Feira" a efectos de que se resolva a súa desconexión histórica coa rúa Lepanto, posibilitando ao mesmo tempo unha relación activa entre a Praza de Barcelos, e especialmente o aparcadoiro alí asentado, coas infraestruturas sociais previstas para o antigo Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Na moción tamén se insta, dado que a Xunta de Galicia asumiu oficialmente o compromiso de restauración do seu anterior edificio administrativo, a que desde o goberno do concello se abran negociacións co goberno da Xunta coa fin de que as dúas administracións implicadas, autonómica e local, concreten unha posible asunción, conxunta e solidaria, dos custes económicos da apertura completa da "Rúa da Feira".