Bueu oferta un curso de soldadura con traballo garantido
Por Oskar Viéitez
Na Escola de FP Marítimo-Pesqueira de Bueu se vai desenvolver a partir do próximo venres 29, o curso de Soldadura con Electrodo Revestido e TIG inserido no curso de formación da Consellería de Economía, Emprego e Industria dentro do Plan de Accións Formativas dirixidas prioritariamente a desempregados.
O vindeiro 28 de setembro comezará o segundo curso desta modalidade, destinado á Fabricación Mecánica Soldadura Oxigás e Soldadura MigMag que contará tamén con 15 alumnos que serán seleccionados a comezos do próximo mes.
O centro levaba catro anos esperando poder poñer en marcha este tipo de cursos, xa que teñen unha gran demanda, porque converten aos mariñeiros de máquinas en profesionais con traballo garantido en España e en países coma Holanda ou en plataformas distribuídas por todo o mundo.
O obradoiro de soldadura que se vai a ofrecer neste centro é un dos mellores e máis avanzados de cantos existen en Galicia.
En concreto, o curso que acaba de comezar coa formación en Prevención de Riscos Laborais "establece unha importante carga lectiva de prácticas, o que permitirá que os alumnos poidan presentarse as probas de homologación dos procedementos de soldadura que comprende a acción formativa", explicou a directora do centro, quen matizou que "para un soldador dispor desta homologación persoal supón a demostración da súa alta cualificación".
A Escola de F.P Marítimo Pesqueira de Bueu conta no presente ano con case 900 alumnos.
"A demanda neste centro é moi elevada, xa que é o único de estas características co que conta a comunidade autónoma impartindo formación na familia profesional marítimo-pesqueira e incluso conta cunha bolsa de emprego para alumnos que rematan a súa formación", explicou a directora da escola, Caneda Triñanes.