Catro persoas, tres delas menores, feridas nun accidente en Cambados
Por Oskar Viéitez
Unha colisión entre catro vehículos deixa catro persoas feridas: unha muller duns 30 anos, un mozo, un neno e un bebé dun mes e medio.
Dende Emerxencias Cambados informaron que a muller, Natividad B.V. veciña de Vilagarcía de 30 anos, presentaba dor torácica, o neno de tres anos tiña un golpe no mentón, e o bebé foi trasladado a un centro sanitario para a súa revisión.
O sinistro tivo lugar na VG 4.3, á altura do quilómetro 3, en dirección Vilagarcía.
Segundo informou o 112, un dos condutores implicados chamou ao 112 Galicia ás 15:00 horas desta tarde para contar os feitos. Explicou que un dos vehículos implicados non detivo a circulación tras o sinistro e deuse a fuga.
Desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Salnés. Tamén se alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. Tamén colaborou a Policía Local de Cambados.
As catro persoas feridas foron trasladadas en ambulancia ao Hospital do Salnés. A consecuencia do sinistro, un dos carrís de circulación en dirección Vilagarcía permaneceu pechado mentres se procedía á súa limpeza.