VÍDEO.- Foxe da Policía saltando de tellado en tellado en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez
Os veciños da rúa Fariña Ferreño, en Vilagarcía, foron testemuñas da curiosa fuxida dun individuo perseguido pola Policía.
Todo empezou sobre as oito da tarde deste xoves, cando unha patrulla policial acudíu cunha reclamación xudicial ao domicilio deste home que conta con numerosos antecedentes.
Segundo relataron testemuñas presenciais, o home escapou dos axentes e fuxíu cara á rúa Fariña Ferreño onde entrou no edificio número 22 subindo polas escaleiras ata a azotea do inmoble. Desde alí foi saltando de tellado en tellado arroxando tellas aos axentes.
Nese momento a Policía Nacional, o servizo de Emerxencias e Protección Civil acudiron en apoio da Policía Nacional e ante a mirada de centos de curiosos.
Despois dunhas horas de impass, sorprendentemente o dispositivo policial levantouse sen deter ao individuo quen tras lanzar unha maceta a un portal foi visto polos veciños mentres fuxía tranquilamente sen ser perseguido por ninguén.