O Sergas agarda que o novo Centro de Saúde de Marín abra o 19 de setembro
Por Redacción
O novo Centro de Saúde de Marín conta xa cunha data de apertura, segundo informa o Concello. Será o luns 19 de setembro. As obras exteriores complementarias que tiña que realizar o concello xa finalizaron coa construción da ponte do río Lameira, o empedrado da zona de acceso ao servizo de urxencias fronte ao lavadoiro do Souto e o muro de protección de formigón xunto á fachada.
As obras correspondentes a Fenosa tamén están a tocar ao seu fin, segundo o goberno local da alcaldesa María Ramallo. Desta forma nesta próxima semana darase de alta a subministración de enerxía eléctrica necesario. Desta forma, os supervisores comprobarán nos próximos días o estado das instalacións. Todo o traballo está a ser supervisado pola Xerencia Integrada da área de Pontevedra.
O primeiro en trasladarse será o PAC de Urxencias, que non deixará de funcionar, de maneira que na tarde do 16 de setembro xa estará operativo no novo centro. O resto de servizos trasladaranse durante ese fin de semana, do 16 ao 18 de setembro. Desta forma, o luns 19 atoparanse en funcionamento as consultas, pediatría e urxencias do novo Centro de Saúde de Marín.
O Concello ten previsto mellorar a sinalización do barrio Virxe do Carme e o acceso ao edificio sanitario.
Relacionadas:
-
A apertura de consultas no novo Centro de Saúde de Marín rexístrase sen incidencias
Por Redacción |
-
A inauguración do centro de saúde de Marín, pendente das obras complementarias
Por Redacción |
-
Comeza a fase de equipamento e planificación loxística e de persoal no novo Centro de Saúde de Marín
Por Redacción |