Setembro, mes para revisar todos os desaugadoiros para evitar inundacións
Por Alejandro Espiño
Aínda non finalizou o verán, pero o goberno municipal xa comezou a pensar no inverno e, especialmente, na tempada de choivas. Por iso, o Concello encargou os traballos necesarios para revisar todos os desaugadoiros, condutos e sumidoiros da cidade e proceder á súa limpeza nos casos nos que sexa preciso.
Segundo informou o portavoz do goberno, Raimundo González, estes traballos comezarán nos próximos días no centro histórico.
A celebración da Feira Franca deixou unha importante cantidade de palla e outros residuos nestes desaugadoiros, polo que o Concello considera que son unha zona sensible que debe ser priorizada antes de que cheguen as choivas.
Esta actuación desenvolverase ao longo de todo o mes de setembro.