Convocados tres días de folga de lixo en Marín
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os traballadores da empresa encargada do servizo de recollida de lixo do Concello de Marín, Urbaser, concentraranse este mércores 7 a partir das 11.30 horas ante o edificio do Concello durante a reunión da comisión de contratación que se reunirá para debater o borrador do prego.
Este prego de condicións da recollida de residuos non se recollen as peticións realizadas polos traballadores, segundo denuncian desde Comisións Obreiras. Desde este sindicato reclaman que se garanta no prego o mantemento dos postos de traballo durante toda a vixencia da concesión.
A asemblea de persoal da recollida de residuos sólidos de Marín, tras manter unha asablea o luns 5 de setembro, acordou por unanimidade convocar unha folga que se desenvolverá os luns 19 e 26 de setembro, ademais do 3 de outubro.
O Concello de Marín explicou que está a traballar na confección dos pregos que deben rexer o próximo concurso para licitar o contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, pois o contrato actual finalizará o 1 de febreiro de 2017 despois de 16 anos de prestación. Expoñen un contrato de menor duración, oito anos, axustado á nova normativa e este mércores está prevista a primeira comisión informativa onde se analizará e explicará o documento.
Segundo adiantaron, o "único obxectivo" deste equipo de goberno é tratar de evitar problemas derivados do prego que rexe o contrato actual, tratar de dar un servizo eficaz aos veciños, procurar un cambio dos colectores tan demandado pola cidadanía, conservar as rutas e días de recollida no rural e no centro urbano e outra serie de melloras importantes para que mellore o servizo. Ademais, debe estar axustado á valoración económica que permita continuar co servizo sen provocar unha subida de taxas.
Relacionadas:
-
O persoal de Urbaser en Marín manterá unha xornada de folga o vindeiro luns
Por Oskar Viéitez |
-
Aprazan a folga na recollida de lixo en Marín á espera dun acordo político
Por Redacción |
-
A folga indefinida na recollida de lixo ameaza Marín
Por Redacción & Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A oposición solicita un pleno extraordinario para tratar as demandas do persoal de Urbaser
Por Redacción |