Lores: "A Feijóo só lle faltou prometer un pisito no Caribe a todos os pontevedreses"
Por Alejandro Espiño
Nin variante de Alba, nin pavillón de ximnasia, nin residencia de maiores. Miguel Anxo Fernández Lores non cre ningunha das promesas electorais formuladas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a presentación do programa do PPdeG para as eleccións galegas. "Na campaña algúns pasan a lingua a pasear", afirmou o alcalde de Pontevedra.
"A Feijóo só lle faltou prometer un pisito non Caribe a todos os pontevedreses", chegou a ironizar un Fernández Lores que asegurou que lle resulta "pouco serio" a postura dos populares despois de sete anos "ninguneando" a Pontevedra.
O alcalde lembrou que todo o anunciado polo presidente da Xunta na Illa das Esculturas son demandas históricas da cidade, polo que avanzou que "esixiremos que se cumpran os compromisos", aínda que insistise en que neste caso trátase de promesas electorais ás que "non hai que darlle máis crédito".
Desde que Feijóo goberna na Xunta, lembrou o rexedor nacionalista, ao PP "nunca lle interesou a cidade" e así o demostra, dixo, a "ausencia total" de investimentos en Pontevedra nos últimos sete anos.
Relacionadas:
-
Lores pide unha reunión "urxente" a Feijóo tras un orzamento "decepcionante" para Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Anxo Lourido |
-
O BNG reclama á Xunta licitar a variante de Alba en 2017
Por Redacción |
-
Feijóo compromete a variante de Alba, un pavillón de ximnasia e unha nova residencia
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |