Operativo especial ante o adverso por choivas da próxima madrugada
Por Oskar Viéitez
As choivas previstas para este martes 13 de setembro activan o aviso amarelo por precipitacións acumuladas que poden superar os 40 litros por metro cadrado en puntos das provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense.
Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, unha fronte activa chegará a Galicia con choivas que poden ser localmente fortes.
As precipitacións nas últimas horas do luns polo litoral atlántico e co avance da madrugada chegarán a Galicia con choivas que poden ser localmente fortes.
Así, ata as 9,00 horas o aviso será amarelo na provincia de Pontevedra.
A concellería de Protección Cidadá informou de que xa está listo o operativo especial municipal que enfrontará ás consecuencias derivadas do adverso por chuvias que leva á Dirección Xeral de Emerxencias de Galicia a declarar a alerta amarela nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense (nordeste) durante a noite do luns e madrugada do martes.
A Policía Local coordina un operativo no que participan, ademais deste corpo, os servizos de Limpeza, de Agua, Bombeiros e Protección Civil e unha empresa cos recursos precisos para atender danos ou incidentes de gravidade.
O operativo local de emerxencias estará activado, en principio, doce horas aínda que se agarda que a maior intensidade das precipitacións sexan entre a media noite e as 5 de madrugada do martes.