Ferida unha condutora tras ser arremetida por un camión
Por Oskar Viéitez
Unha muller de 23 anos, que responde as iniciais T.C.E., resultou ferida tras sufrir un accidente de tráfico en Cambados.
O sinistro tivo lugar nun viario de acceso á estrada PO-300.
O 112 alertou ás 13:23 horas da tarde deste mércores do accidente.
Segundo informaron desde Protección Civil de Cambados a condutora dun Seat Ibiza saíu á estrada sen decatarse da presenza do camión.
A muller foi trasladada ao Hospital do Salnés con dor nunha clavícula, algún corte e dor cervical.
O condutor do camión A.M.G., de 53 anos, saíu ileso.