Novos usos para o Castelo de Soutomaior
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado delegado de turismo, Santos Héctor Rodríguez, presentou este xoves o Plan de Usos e Viabilidade do Castelo de Soutomaior unha "aposta máis seria" para este histórico enclave "que pode dar maiores rendementos" e que, entre outro obxectivos, define o seu novo papel e oferta un novo produto de turismo cultural e de lecer.
O goberno provincial quere crear "unha experiencia turística de calidade", tanto na atención ó visitante como nos recursos e servizos ofertados, "aportando maior goce e coñecemento do recinto ".
A presidenta da Deputación detallou as catro áreas de intervención no Castelo de Soutomaior que xirarán ó redor do parque, do castelo, do enoturismo e da hostalería.
No parque realizaranse melloras nos xardíns, plantacións e parque forestal (xa en curso); enriqueceranse os cultivos; dotarase de accesibilidade e mobilidade ó recinto (en curso); completarase o equipamento do parque; crearanse paseos e itinerarios polo recinto, áreas de picnic, merendas, obradoiros, etc.; impulsaranse actividades e exposicións, festas e mercadillos temáticos, teatros, música; poranse en marcha parques e espazos de xogos infantís así como micro-paisaxes ligadas ás colleitas e realizaranse recollidas de colleitas.
En canto ó castelo, conformarase unha área de recepción de visitantes con información, tenda e aseos; potenciaranse as dependencias para eventos, reunións e congresos; impulsarase un espazo de aprendizaxe e realizaranse visitas animadas, guiadas, dramatizadas, nocturnas, ceas medievais, concertos, teatro, contacontos, cinema temático, etc.
Ó respecto do enoturismo, realizarase un complexo da camelia cunha casa do té e no que terán lugar xornadas, talleres florais e de cosmética e tamén un completo do enoturismo con adega, cata-degustación, exposicións, visitas a viñas e eventos corporativas do viño.
E en relación á hostalería ampliarase a oferta de aloxamento diúrno para eventos con cabanas e ampliarase a oferta de restauración con caterings, picnics, autoservizo, vending, etc.
A presidenta da Deputación manifestou que "se trata dun plan moi ambicioso que se ten que levar adiante de forma progresiva e que conta cun orzamento para esta lexislatura entre os 3 e 4 millóns de euros", dos cales xa se investirón 210.000 euros.
VISITAS TEATRALIZADAS
Entre o 23 de setembro e o 23 de outubro a Deputación porá en marcha as visitas teatralizadas ó castelo de Soutomaior que durarán aproximadamente 45 minutos e nelas os visitantes poderán ver a Pedro Madruga, María Vinyals ou Emilia Pardo Bazán.
As visitas, que terán lugar de xoves a domingo (os xoves e venres ás 5 da tarde, os sábados ás 11 da mañá e ás 5 da tarde e os domingos ás 11 da mañá) terán un custe de 2 euros e necesitan reserva previa por teléfono en Turismo Rías Baixas.
Relacionadas:
-
Unha camelia co nome de Emilia Pardo Bazán para conmemorar o centenario do seu falecemento
Por Redacción |
-
A igualdade desde un punto de vista profesional centrará unha xornada no Castelo de Soutomaior
Por Redacción |
-
O castelo de Soutomaior presenta tres novas rutas de sendeirismo
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación pecha indefinidamente o Castelo de Soutomaior tras os danos do temporal
Por Redacción |
-
Tiremos de Rías Baixas… na mesma dirección
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación organiza unha xornada para visibilizar o liderado das mulleres
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Queres mercar toda a uva albariña do Castelo de Soutomaior?
Por Redacción |
-
Pontevedra acollerá o Symposium nacional sobre Árbores Singulares
Por Redacción |
-
Abre as súas portas a Escola de Igualdade María Vinyals
Por Redacción |