Abren un expediente sancionador a María Ramallo pola "inauguración encuberta" do novo centro de saúde
Por Oskar Viéitez
A Xunta Electoral Central abriu un expediente sancionador á alcaldesa de Marín, María Ramallo, por mor da visita ao novo centro de saúde, que o Bloque Nacionalista Galego denunciou ao entender que foi unha "inauguración encuberta".
A alcaldesa ten de prazo quince días para formular alegacións ou achegar documentos.
O goberno local e a xerencia do Sergas acudiron o pasado martes ás instalacións do novo centro de saúde no que para os grupos da oposición supuxo unha inauguración encuberta desta infraestrutura sanitaria en plena campaña electoral, algo que está expresamente prohibido pola lei.
A apertura do novo centro de saúde de Marín está prevista para o vindeiro luns 19 de setembro.