Máis de 350.000 euros para renovar as cubertas de Príncipe Felipe
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o expediente para a contratación das obras que permitirán substituír as cubertas de dous edificios da Cidade Infantil Príncipe Felipe.
En concreto renovaranse as instalacións do edificio destinado a Maternais e o módulo da Gardería.
A obras contan cun orzamento de 358.481,11 euros e súmanse ás que está previsto iniciar nos próximos días para cambiar a cuberta da Escola Fogar.
Entre esas dúas actuacións quedarán listas as reparacions que estaban previstas para o presente curso escolar.
Os traballos nos edificios de Maternais e Gardería, ademais de cambiar as cubertas deterioradas polo paso do tempo, permitirán reparar as saídas de augas pluviais.