Telmo Martín teme que se identifique a Sanxenxo co turismo de borracheira
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Sanxenxo cre que o goberno tripartito "fracasou na planificación do seu segundo verán". Nunha rolda de prensa, o voceiro popular Telmo Martín, dixo que no primeiro ano de mandato os membros do gobernó local de Sanxenxo "alegaron que lles colleu de sopetón", agora entende que "para planificar 2016 tiveron un ano enteiro e, sen embargo, os fallos foron maiores".
"O máis grave non é o fracaso do tripartito, é a perda de reputación turística, que se acabe identificando a Sanxenxo co turismo de borracheira", reflexionou Telmo Martín.
Por iso recomenda cara o vindeiro ano "máis planificación" polo que "o 15 de xuño tódolos servizos e contratacións deben estar a pleno rendemento".
Ademáis considera Telmo Martín que o gobernó local debe "aumentar o presuposto para contratar policías, socorristas e persoal de limpeza. Para elo, é imprescindible aprobalo en xaneiro e non en xuño, como o tripartito".
Tamén di o PP que Sanxenxo "necesita actualizar e facer cumprir as ordenanzas para mellorar a seguridade cidadá". É dicir, unha ordenanza que controle o consumo de alcohol na rúa e outra de orde público.
Relacionadas:
-
Telmo Martín afirma que é un "clamor popular" que o goberno local de Sanxenxo "está sen rumbo"
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín critica a "ineficacia" do goberno local de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín propón instaurar a zona azul en Sanxenxo e Portonovo durante o verán
Por Alejandro Espiño |