Pavimentan a rúa Jaime Janer, que contará con catro lombos
Por Redacción
As obras na rúa Jaime Janer continúan executándose coa mellora do firme e a creación de catro badenes para mellorar a seguridade viaria nesta zona de Marín. Ademais cambiaranse os báculos en todo o tramo, conservando a actual luminaria que fora cambiada a través dunha axuda de eficiencia enerxética que permite un aforro na enerxía eléctrica importante.
As obras avanzan a bo ritmo, segundo informa o goberno local de Marín, creando as molestias habituais no tránsito tanto de vehículos como de viandantes. Os colectores, ademais, tiveron que ser elevados ás beirarrúas para permitir o asfaltado na zona de aparcadoiro, o que dificulta o paso. Espérase que en breve poidan ser colocados no seu lugar habitual.
Os traballos levan xa unha semana en execución. Foron contratadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Infraestruturas coa intención de mellorar a seguridade viaria da PO-313. A intervención busca mellorar a estrada autonómica no tramo máis urbano desde a intersección con cálea Concepción Arenal ata a intersección coa estrada de Figueirido no cruzamento ata Coirados.
Relacionadas:
-
Así quedará a rúa Concepción Arenal cando se acometan as novas obras de humanización
Por Redacción |
-
A Xunta corrixe o asfaltado de Jaime Janer
Por Redacción |
-
A "brigada do pichi" chega a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
A humanización de Concepción Arenal chega ata Jaime Janer e Sol
Por Redacción |
-
Obras de asfaltado na rúa Jaime Janer desde "a próxima semana"
Por Redacción |
-
150.000 euros para humanizar a travesía Jaime Janer de Marín
Por Redacción |