Unha persoa resulta ferida no choque entre un tráiler e dous turismos na recta de Samieira
Por Redacción
Unha aparatosa colisión entre un camión e dous turismos en Poio, na recta de Samieira, saldouse este xoves cunha persoa ferida.
O accidente produciuse ao redor das 18:30 horas da tarde na estrada PO-308.
Segundo relatou unha das persoas que alertou ao 112 Galicia, un dos vehículos quedou encaixado baixo o tráiler, que transportaba produtos alimenticios.
Ante a aparatosidade o 112 alertou a Urxencias Médicas, Emerxencias Sanxenxo, Protección Civil, Policía Local de Poio e Garda Civil de Tráfico.