A intervención municipal do Concello de Poio alerta do "risco inminente de insuficiencia de crédito"
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular do Concello de Poio desvelou que o último informe de intervención advirte dun "risco inminente de insuficiencia de crédito".
Segundo os populares, o informe técnico pide transparencia e planificación por parte do Concello para a contratación de servizos e proveedores e chama a adoptar medidas urxentes de xestión de gasto e a cumprir a normativa para contratos e subministros.
Ademais das recomendacións para reducir os "elevados gastos correntes", como reducir as actividades municipais ou facer procedementos de licitación, o informe recorda os responsables do bipartito as infraccións que recolle a lei.
O voceiro do PP en asuntos económicos, Juan José Rodríguez Grandal, advertiu do elevado informe en facturas rexistradas pero impagadas por falta de crédito: 318.947,53 euros.
Rodríguez Grandal recordou que estas prácticas son xa "endémicas" na xestión do bipartito en Poio, e foron obxecto repetidas veces de críticas por parte tanto dos propios servizos técnicos do Concello como do grupo municipal popular, e avanzou que o PP pedirá explicacións o respecto tanto no pleno da vindeira semana como en próximas comisións informativas.