Marín honra a San Miguel Arcanxo coa tradicional Danza das espadas
Por Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Máis que unha tradición a Danza das espadas é un símbolo de identidade en Marín.
Fieis á festividade de San Miguel Arcanxo, os marinenses honraron ao seu patrón neste día de festa, que está declarada de Interese Turístico de Galicia.
No transcurso da procesión, os grupos do Ateneo Santa Cecilia e de Meigas e Trasnos, bailaron esta histórica danza que o Libro de Contas da Confraría de Mareantes xa recollía no ano 1639.
Tamén este domingo na Casa do Concello coa presencia da alcaldesa María Ramallo e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o Padroado de Mareantes de San Miguel entregou as distincións de Confrades Sobranceiros e Medalla de Ouro. O novo párroco marinense David Mohedano Mira e a taberna La Navarra, polos seus sesenta anos de colaboración coa danza foron merecedores de tal recoñecemento.
Tamén se entregaron as espadas de ouro a dous danzantes que levan participando nesta celebración vinte anos, ademais doutras dez espadas de prata para aqueles que cumpren este ano unha década asistindo a este baile gremial.
Relacionadas:
-
Marín celebra o domingo a histórica Danza de Espadas
Por Oskar Viéitez |
-
Doan ao Ateneo de Santa Cecilia unhas espadas orixinais da Danza de San Miguel
Por Redacción |
-
Marín acolle o 'Encontro sobre Danzas Brancas' como preámbulo á Danza de Espadas
Por Redacción |
-
Marín celebra un San Migheleiro multitudinario
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Solange Pereira agranda a súa lenda en Marín nun espectacular Campionato de España de Milla
Por Diego Espiño & Diego Torrado |