A UNED de Pontevedra abre as súas portas nas súas "xornadas de acollida"
Por Oskar Viéitez
O Centro Asociado á UNED de Pontevedra acollerá o 5 e 6 de outubro a quinta edición das súas Xornadas de Acollida. Un evento que ten como obxectivo que alumnos e futuros alumnos coñezan mellor o funcionamento da Universidade Nacional de Educación a Distancia e a oferta académica e formativa do Centro.
Ditas Xornadas están expostas para que novos alumnos e futuros alumnos coñezan mellor o funcionamento da UNED e o seu plan tecno-metodolóxico, ademais do Centro Asociado de Pontevedra e os seus servizos. En total, programáronse case unha decena de relatorios que teñen como obxectivo achegar o funcionamento e ferramentas do estudo a distancia, así como os servizos do Centro Asociado, a novos e futuros estudantes.
As Xornadas, que se desenvolverán de 16:30h a 20:30 os días 5 e 6 de outubro, terán lugar no Centro Asociado á UNED en Pontevedra e serán retransmitidas por videoconferencia na aula UNED de Vigo e a aula UNED de Tui.
Co obxectivo de que as xornadas resulten tamén útiles para os estudantes de últimos cursos programáronse un relatorio impartido por Cristina de Deus Viñas, orientadora laboral do Centro, centrada nas novas regras de recrutamento profesional.
Durante a súa intervención, profundará en conceptos tan de moda como a marca persoal, o networking ou os hábitos de vida saudable, cada vez máis valorados por empresas e reclutadores. Así mesmo, ex-estudantes do Centro tamén compartirán as súas experiencias profesionais con todos os presentes, que poderán coñecer de primeira man, como se produciu a súa saída ao mercado laboral e os retos aos que se enfrontaron.