O Grove pedirá a Defensa a retirada das concertinas da batería militar de San Vicente
Por Redacción
Todos os grupos da corporación municipal do Grove, excepto o Partido Popular, votaron a favor dunha moción do BNG na que se insta Ministerio de Defensa a que retire as concertinas da batería militar de San Vicente "por valos menos agresivos e máis civilizados".
Os nacionalistas consideran un "anacronismo" a presenza da base do Exército xunto ao paseo de madeira de Con Negro e aínda que, inicialmente, a súa proposta pedía o desmantelamento de toda a base militar finalmente optouse por unha petición ao pleno, menos ambiciosa.
O Bloque pretendía que a zona tivese libre acceso aos terreos da batería militar do Grove que xestiona a Brigada Lixeira Aerotransportable (Brilat) de Figueirido.