Mobilización sindical polo "traballo decente"
Por Redacción
Os sindicatos UXT e CCOO convocaron para este venres unha concentración en Pontevedra ante a "deterioro importante nas condicións dos traballadores" experimentado nos últimos anos.
A protesta, que terá lugar ás 12:00 horas ante a Subdelegación do Goberno, coincidindo coa Xornada Mundial polo Traballo Decente que se conmemora internacionalmente desde o ano 2008.
"En vez de ir cara unha defensa do traballo decente estamos a ver o contrario, traballos que non dan para vivir dignamente", sinala o secretario comarcal de UXT en Pontevedra, Ramón Vidal.
Isto prodúcese nun momento no que "o nivel de contratación é precario", completa Eusebio Justo, de CCOO, con só un 7% de contratos indefenidos do total dos formalizados en Galicia durante o último mes.
Entre as esixencias dos sindicatos atópanse, entre outras, a "derrogación inmediata" das dúas últimas reformas laborais ou o incremento ata os 800 euros do salario mínimo.