A Axencia Tributaria rexistra varias casas da familia de Nené Barral
Por Redacción
O xulgado de Instrución numero un de Lugo, do que é titular a xuíza Pilar de Lara, dirixe unha causa no marco da cal se levaron a cabo este xoves rexistros en varios domicilios do Salnés, así como nun despacho da Coruña, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Os inmobles rexistrados son da familia do ex alcalde de Ribadumia, Nené Barral.
Os rexistros practicados pola Axencia Tributaria xunto a efectivos da Udyco (Unidade para a Delincuencia e o Crime Organizado da policía nacional), están relacionados cos presuntos delitos de branqueo de capitais e contrabando, segundo confirmou esta mesma fonte oficial.
Durante a mañá os axentes de Aduanas entraron na casa de Barral nas Sinas, no municipio de Vilanova de Arousa e o domicilio dunha das súas fillas en Ribadumia, tamén na provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A causa sen xulgar máis antiga de España sentará a Nené Barral no banco por contrabando e suborno
Por Natalia Puga |
-
Nené Barral elude a prisión por defraudar a Facenda e queda pendente agora do seu xuízo por contrabando
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Nené Barral pacta coa fiscalía e paga case 700.000 euros a Facenda
Por Redacción |