Un convenio urbanístico cun particular permitirá crear unha praza pública en San Amaro
Por Redacción
A Xunta de Goberno desta semana deu conta da sinatura dun convenio entre un particular e o Concello na rúa Valdecorvos (no lateral da capela de San Amaro), por unha parcela na que o particular quere edificar unha vivenda unifamiliar.
O convenio urbanístico fixa a cesión de terreo lindante cun lavadoiro municipal, ademais da entrega de 105.814 euros para urbanizar esta nova praza que se vai crear, e o particular asume as aliñeacións do Plan Xeral.
Coa aliñeación do vial o propietario poderá determinar a franxa de edificación xa que dúas fincas da súa propiedade disporán de fachada ao vial de Valdecorvos.
Este convenio leva dando voltas polas oficinas de urbanismo dende febreiro do ano 2013. Naquel entonces a contía era de 60.000 euros.