A nova máquina varredora de Ponte Caldelas permite reforzar os recursos humanos nos núcleos rurais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A nova varredora mecánica que entrou en servizo en Ponte Caldelas durante esta semana permitiu unha reorganización total dos recursos humanos do Concello para mellorar a atención aos 33 núcleos rurais que compoñen o municipio.
A varredora, que tivo un custo de 65.000 euros para as arcas municipais, é un dos principais investimentos materiais que o Concello vai realizar durante este ano.
En Ponte Caldelas o servizo de limpeza préstase directamente polo Concello e só a recollida do lixo e o seu transporte ata a planta de transferencia está contratado en réxime de concesión administrativa.
O equipo de goberno municipal, composto por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, explica que as solicitudes veciñais para atender aos distintos pobos son cada vez maiores.
O Concello optou por adquirir un modelo multifuncional, deseñado para realizar distintas tarefas.