Taboadelo e Chaín celebran as súas festas patronais
Por Redacción
Ponte Caldelas apurou esta fin de semana as últimas festas populares que se celebran no municipio neste mes de outubro. A pesar da incesante chuvia, Taboadelo e Chaín renderon homenaxe a San Roque e Santa Teresa respectivamente.
O alcalde, Andrés Díaz, estivo presente en ambas celebracións. Comezou na tarde do sábado coa asistencia á procesión polos camiños de Taboadelo.
A pesar do mal tempo, os veciños non renunciaron a unha tradición moi arraigada, para que o que cubriron a imaxe cunha protección de plástico.
Xa na mañá do domingo foi a quenda de Chaín. As festas en honor a Santa Teresa comezaron cunha tirada de fogos, a misa e a procesión cos santos da parroquia e a patroa da parroquia da Insua, Santa Mariña.
Os actos relixiosos remataron cunha solta de pombas. Pola tarde, houbo actuacións lúdicas e a habitual verbena.