A Xunta licita a nova estación de bombeo de Lameira por 1,2 millóns
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a licitación da mellora da estación de bombeo de Lameira, en Marín, cun importe de 1,2 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.
A obra pretende mellorar a xestión das augas residuais que chegan a rede xeral dende o colector que discorre paralelo ao río Lameira. Na actualidade, o bombeo que conecta o colector do Lameira coa rede xeral presenta carencias tanto de capacidade, como de regulación.
Polo tanto, construirase un novo bombeo para substituír ao actual. Terá anexo un depósito de retención de 800 metros cúbicos e estará equipado con tres bombas somerxibles para augas residuais. Ademais, instalarase unha nova tubaxe de impulsión cara á rede xeral.
Esta obra é a última que quedaba pendente de licitar do convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia para a execución de obras de saneamento en Marín e constitúe, xunto coa mellora do colector xeral e nova impulsión en Marín -licitada tamén este ano por Augas de Galicia-, dúas actuacións básicas para o saneamento da Ría de Pontevedra.
En total, o investimento nestas dúas actuacións ascende a máis de 4 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Marín analiza con Medio Ambiente como mellorar o saneamento da ría
Por Redacción |
-
Marín comeza a campaña de poda
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno de Marín dá luz verde á mellora da estación de bombeo de Lameira
Por Redacción |
-
Augas de Galicia asumirá as obras do colector xeral de Marín e da estación de bombeo de Lameira
Por Redacción |
-
Medio Ambiente mellorará a estación de bombeo de Lameira
Por Redacción |