Un condutor ebrio embiste un coche aparcado en Vilanova
Por Oskar Viéitez
O condutor dunha furgoneta sufriu un accidente de tráfico na madrugada do venres ao chocar contra un vehículo aparcado.
O sinistro tivo lugar na estrada PO-549 ao seu paso polo termo municipal de Vilanova de Arousa.
O vehículo saíu da vía, levando por diante outro coche estacionado e un sinal de tráfico. O condutor saíu ileso.
Cando os axentes da Garda Civil de Tráfico practicáronlle a proba de alcoholemia o condutor deu positivo arroxando un resultado de 0,70. É dicir, unha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,60 miligramos por litro supón a comisión dun delito contra a seguridade viaria.