Na Casa da Luz o galego 'prende no colo'
Por Redacción
O programa Apego, que busca recuperar o galego como lingua de relación familiar, iniciou este sábado un calendario de actividades programadas que se prolongará durante o mes de novembro.
A Casa da Luz acolleu o obradoiro 'Prende no colo', a cargo de Luís Prego e Samuel Soto, que terá un segundo pase o vindeiro xoves 24 de outubro.
As familias participantes, con nenos de 0 a 3 anos, puideron aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas de ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos que logo poderán repetir nos seus fogares.
Apego continuará a súa programación o xoves 27 de outubro, tamén na Casa da Luz, con 'Percorre a cidade e atopa a lingua, ruta urbana con Roberto Rivas', de 17:00 a 18:30 horas.