A Policía Local detén un mozo de 23 anos por traficar con haxix
Por Redacción
Un mozo de 23 anos de idade foi detido por un presunto delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.
O suxeito foi detido o pasado xoves 20 de outubro por unha patrulla da Policía Local, que atendeu a chamada dun veciño alertando dunha conduta sospeitosa na Avenida Conde Bugallal, onde se reunía con frecuencia un grupo de mozos que sospeitaba estaban a consumir sustancias estupefacientes.
Ao chegar ao lugar descrito, os axentes observaron a tres rapaces, que ante a súa presenza tiraron dous obxectos en direccións distintas.
Inicialmente indicaron que se atopaban na zona fumando haxix, pero os policías ao inspeccionar o lugar atoparon dous paquetes de tabaco, os que tiraran, cunha pequena cantidade de haxix e 260 euros en efectivo en billetes de 20, 10 e 5 euros.
Un dos mozos recoñeceu que os paquetes de tabaco eran seus e que o diñeiro procedía da venda de haxix. Posteriormente noutra inspección pola leira os axentes atoparon outras tres landras desta droga.
Ante estes feitos a Policía Local procedeu á detención do mozo, que xa fora imputado polos mesmos delitos en agosto de 2013 e febreiro de 2014.