A corporación "enterra" un período de xestión "oscurito" na Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O goberno bipartito da Deputación de Pontevedra, conformado polo Partido Socialista e o BNG, aprobou co apoio do Partido Popular, unha ordenanza xeral para todas as subvencións que se impulsen desde o organismo provincial.
O deputado de SON Marea abstívose na votación deste punto da orde do día do Pleno celebrado este venres.
O deputado socialista Carlos López Font asegurou que "por primera vez" a institución contará cunha ordenanza xeral para as subvencións, o que "manifiesta la apuesta del nuevo equipo de gobierno por la transparencia, objetividad y criterios claros y bien definidos frente a la libre disposición y subvenciones nominativas, discrecionales, subjetivas, clientelar, a dedo y discriminatorias del gobierno de Louzán".
Segundo López Font, entre os anos 2009 e 2015 a Deputación repartiu 72 millóns de euros "a dedo", polo que cualificou a xestión do anterior presidente da institución como un período "oscurito, oscurito".
A portavoz do PP, Elena Muñoz, sinalou como unha rectificación do bipartito que na ordenanza "incluyan conceptos que antes demonizaron" como a entrega de subvencións por concorrencia non competitiva ou adxudicación directa.
Elena Muñoz tamén se referiu ás críticas ao expresidente Rafael Louzán, recomendado aos membros do Executivo provincial que "dejen de satanizar lo que hacen otros gobiernos".
A ordenanza xeral será o marco público de xestión das subvencións da Deputación de Pontevedra e nela regularanse as convocatorias e os deberes detallados de cada parte, beneficiando, desta maneira, tanto aos receptores como aos xestores.
O vicepresidente da Deputación e portavoz do BNG, César Mosquera, valorou como "sorprendente" a "defensa numantina" que fixeron os populares sobre "o famoso 20% de adxudicación discrecional" da presidencia da institución que permitiu a Louzán repartir máis de dous millóns de euros en subvencións nos seus últimos 5 meses de mandato.
ORDENANZA
"A partir de agora", todos os solicitantes de subvencións terán a información de antemán con "claridad, se reforzarán las garantías jurídicas de concesión y recepción", destacou López Font, xa que coa ordenanza que se acaba de aprobar regularanse todos os aspectos da relación xurídica subvencional, completarase o marco lexislativo de aplicación para evitar interpretacións subxectivas, garantiranse os prazos de pago aos acredores dos beneficiarios e as deducións de parte das subvencións por incumprimento de deberes, esixiranse formas de contratación máis transparentes e avanzarase en aspectos como as subvencións en especie.
A Deputación de Pontevedra xestiona anualmente máis de 117 millóns de euros destinados a subvencións e actividades de fomento. Dada a contía e o volume de subvencións López Font considera que era "necesario" contar cunha ordenanza xeral de subvencións como a que se aprobará este venres, que "manifesta o compromiso do novo goberno da institución coa transparencia, eficacia e eficiencia da xestión dos recursos públicos da Deputación".
López Font pechou o debate plenario dicindo que "hoy enterramos la nefasta gestión política del Señor Louzán".