Vaipolorío planta cara á falsa acacia no río Tomeza
Por Redacción
O colectivo ecoloxista Vaipolorío realizou este sábado unha nova xornada de control da coñecida como falsa acacia, unha especie invasora que crece no río Gafos contra a que leva anos loitando. Nesa ocasión actuaron no río Tomeza.
A falsa acacia ou robinia pseudoacaia está recollida como especie invasora no catálogo galego de plantas invasoras da Xunta de Galicia e a súa presenza no río Gafos é, segundo Vaipolorío, "severa". Con todo, erradicala de súpeto, deixando o río sen sombra, sería contraproducente para o ecosistema e, ademais, supón unha infracción á lexislación vixente.
Para acabar con ela sen que resulte lesivo para o ecosistema nin supoña unha infracción, Vaipolorío leva 15 anos controlando e erradicando as novas especies que xorden de sementes ou a partir de raíces laterais.
Isto é o que fixeron este sábado e consideran que é un paso decisivo para deixar vía libre a que proliferen salgueiros, ameneiros, loureiros e outras especies de primeira liña de ribeira que a acacia estaba suplantando.