Numerosa presenza de visitantes nos camposantos de Pontevedra
Por Diego Torrado
A xornada de temperatura agradable deste martes 1 de novembro, celebración do Día de Todos os Santos, permitiu que miles de persoas visitasen os cemiterios cumprindo coa tradición cristiá correspondente con esta data para visitar aos seres queridos, un costume que se remotan a fai máis de mil anos.
O promotor desta celebración foi o Papa Gregorio III cando consagrou unha capela na Basílica de San Pedro en honra de Todos os Santos durante o seu pontificado nos anos 731-741. A mediados do século IX, o papa Gregorio IV estendeu esta festividade a todos os países de tradición católica. Normalmente lévanse flores en lembranza dos defuntos.
En Pontevedra, as brigadas municipais levaron a cabo durante os últimas días un traballo de limpeza e de reparación nas instalacións dos cemiterios de Bora, Lourizán, Ponte Sampaio, Campañó e San Amaro para ofrecer durante este martes a mellor imaxe para recibir as numerosas visitas.