A Raia volve de festa a Portonovo a finais de marzo
Por Redacción
Portonovo vivirá este ano a XIX edición da Festa da Raia que se celebrará os días 29, 30 e 31 de marzo.
Así o confirmou esta mañá o Goberno local, que está traballando conxuntamente con colectivos da vila para ofrecer unha formulación nova a este consolidado festexo.
Trátase de ofrecer a veciños e visitantes unha proposta gastronómica atractiva resaltando a tradición mariñeira intrínseca de Portonovo e levar a cabo actividades paralelas á degustación da raia.
Desde a organización confirmaron que nos próximos días presentarán a programación desta edición que pechará a campaña de Semana Santa.