Empezan as reunións para concretar o destino de máis de seis millóns de euros
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín convocará aos diferentes sectores sociais para concretar os proxectos que se beneficiarán dos 6.247.432 euros da Estratexia de Desenvolvemento Sostible Urbano, que se enmarca no plan Marín 2020.
Os Fondos Europeos achegan o 80 por cento e o Concello o 20% restante e concrétanse en actuacións de cidade intelixente (o concepto de smart city), mobilidade e turismo, cun Plan de Mobilidade Urbana sustentable que mellore a accesibilidade. Implica mellorar e recuperar espazos públicos, facilitando a mobilidade.
Outros obxectivos son, avanzar na administración electrónica, mellorar os consumos de enerxías, tanto na iluminación viaria como nos edificios públicos, plans de dinamización do comercio, da hostalería do lecer e da cultura.
A actuación máis concreta do plan é a construción dunha equipamento socio cultural, "acorde coas necesidades do noso municipio", expón o proxecto.
O plan de traballo avanzado pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, preve reunións cos grupos da oposición municipal e os principais sectores implicados para "entre todos, sacar adiante" o proxecto co máximo rendemento posible.
Relacionadas:
-
Marín baralla o espazo portuario ou a antiga Casa do Mar para o futuro auditorio
Por Alejandro Espiño |
-
Cinco millóns recibirá Marín da UE para financiar o seu proxecto Marín 2020
Por Redacción |
-
Marín celebrará un pleno extraordinario para aprobar a solicitude de fondos europeos
Por Redacción |
-
A corporación marinense incorpora as súas achegas ao plan estratéxico 2020
Por Redacción |
-
Os veciños colaborarán co deseño do Marín de 2020
Por Redacción |