Un incendio iniciado nun colector afecta a unha casa e un supermercado en Campelo
Por Redacción
Un incendio iniciado de madrugada nun colector acabou afectando o rótulo dun supermercado situado en en baixo do edificio máis próximo e e unha xanela da vivenda da primeira planta.
Todo ocorreu pouco despois da medianoite deste martes na parroquia de Campelo, en Poio, e foi necesario desaloxar con fins preventivos a vivenda situada no primeiro piso do edificio en cuestión, aínda que finalmente non houbo que lamentar danos maiores, nin persoais nin materiais.
O lume empezou nun colector de recollida selectiva de plásticos e dano tamén outro colector.
Ademais, a enorme cantidade de fume xerado afectou o interior do supermercado e da vivenda e motivou a intervención de efectivos de emerxencias e da Garda Civil.