74 empresas de Sanxenxo optan a obter o SICTED de Turespaña
Por Redacción
A Mesa para a Calidade Turística do Concello de Sanxenxo analizará este venres as candidaturas locais para renovar ou conseguir por vez primeira adherirse ao Sistema Integral da Calidade Turística en Destino (SICTED), que promove Turespaña.
O persoal da concellería de Turismo está a realizar estes días as auditorías individualizadas ás empresas que xa contan co distintivo bianual e que deben renovalo neste exercicio, así como a aqueles novos aspirantes que teñen que superar este trámite.
A Mesa para a Calidade Turística está presidida polo alcalde e integrada polo concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, e representantes dos grupos políticos municipais, así como da Xunta de Galicia, do Padroado de Turismo Rías Baixas, da Fegamp, de Turgalicia, de Entretendas e do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS), será a encargada de darlle o visto e prace ás candidaturas tras coñecer as valoracións realizadas polos técnicos avaliadores.
Remitirase á Secretaría Xeral de Turismo a documentación para a concesión destes galardóns á calidade.
Catro empresas optan por primeira vez a obter a este distintivo, mentres que 70 se someten ao procedemento de renovación. Entre as 111 firmas que contan con este selo entre as que se atopa o Porto Deportivo, Turismo de Sanxenxo e as praias de Silgar, Baltar e Canelas.
Todos eles deberon implantar as medidas recollidas no Manual de Boas Prácticas, que inclúe recomendacións de obrigado cumprimento como a coordinación e formación do persoa ou os niveis de satisfacción, queixas e suxestións.