Sanxenxo aspira a ser un destino turístico "intelixente"
Por Redacción
Sanxenxo comezou a traballar para ser un destino turístico intelixente. Esta semana iniciáronse as sesións de traballo para a avaliación de Sanxenxo como Destino Turístico Intelixente de acordo cos requirimentos que se establecen na norma UNE 178501 de AENOR.
As reunións de traballo viñéronse celebrando durante tres días e converten a Sanxenxo no segundo destino turístico de España no que Segittur vai a testear a citada norma, un documento que marca a folla de ruta dos novos modelos de xestión que deben seguir os destinos turísticos no século XXI.
Para esta tarefa desprazáronse ao municipio catro auditores de AENOR acompañados do director de Proxectos de Segittur e mantivéronse entrevistas con máis de 20 técnicos municipais así como responsables de cada área, especialmente nos ámbitos de sistema de xestión, innovación e vixilancia tecnolóxica.
O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e o concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, mantiveron un encontro co equipo de traballo desprazado a Sanxenxo, xa que será a entidade local a que asumirá o rol de ente xestor da norma.