Posta a punto de pistas forestais e cunetas en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis acomete estes días traballos de mantemento en viarios do municipio ante a inminente chegada do inverno.
En concreto están a limparse cunetas e arrombando pistas forestais en sete parroquias do municipio coa intención de mellorar a evacuación de auguas pluviais.
Trátase de 59 pistas nas parroquias de Cuntis, Couselo, Portela, Arcos, Estacas, Cequeril e Piñeiro.
A actuación para realizar nestes camiños, con cargo ao Plan Concellos da Deputación, consiste na limpeza de cunetas e beiravías utilizando para iso unha motoniveladora.
O custo total destes traballos ascende a 35.000 euros.