3D Xeométrica e Coverwind acadan os Premios AJE 2016
Por Mónica Patxot
A XXI edición do Premio Novo Empresario volveu resultar un éxito. Decenas de persoas participaron deste evento durante a noite deste venres 11 no Liceo Casino na gala organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE).
Os gañadores desta edición foron as empresas pontevedresas 3D Xeométrica que obtiña o Premio Novo Empresario. Pola súa banda, o Premio Novo Emprendedor foi para a empresa Coverwind, que realiza servizos relacionados coa enerxía eólica.
O empresario José Ignacio Orbe obtivo o Premio Honorífico polo seu labor á fronte da conserveira Orbe, unha empresa de Ponte Caldelas.
Os accésit foron a mans de Releyeble e de Carlos Conde Peluqueros, que obtiveron o correspondente a Innovación e a Creación de emprego, respectivamente.
Ao acto asistiron a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva; o subdelegado do Goberno, Antonio Coello; o director do IGAPE, Javier Aguilera e a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.