Píllano no Vao con roupa roubada e remata en prisión
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional identificaron un home de 33 anos de idade, natural de Camerún, como presunto autor da subtracción de varias prendas nun establecemento da zona comercial de Pontevedra.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, os feitos sucederon sobre as 19.25 horas da tarde de de este luns día 14 de novembro, cando a encargada dunha tenda de roupa da zona comercial presentou denuncia pola subtracción de prendas valoradas en 385 euros.
Os axentes dirixíronse ao lugar e tras realizar unha batida pola zona localizaron o presunto autor nas inmediacións do Polígono do Vao onde identificaron o home e sorprendérono coas pezas subtraídas coas etiquetas aínda postas.
Unha vez identificado os axentes comprobaron que a este individuo constáballe unha orde de busca, detención e ingreso en prisión por un xulgado do penal da Coruña.
Unha vez posto a disposición xudicial foi trasladado ao cárcere da Lama.