Un traballador sofre unha amputación parcial de tres dedos dunha man nun accidente laboral en Bueu
Por Redacción
Un traballador dunha empresa de Bueu resultou ferido este martes nun accidente laboral e sofreu a amputación parcial de tres dedos dunha man.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente produciuse sobre as 17.00 horas deste martes nunha empresa de madeiras situada na avenida de Marín. O traballador cortouse cunha ferramenta e sufriu a amputación.
Un dos traballadores do centro, e familiar da vítima, contactou co 112 Galicia ás 17.00 horas desta tarde para explicar a situación. Desde o Centro de Atención ás Emerxencias alertouse a Urxencias Médicas, Protección Civil e a Policía Local de Bueu.