Dous feridos nunha colisión múltiple en Médico Ballina
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas en Pontevedra tras a colisión que se rexistraba ás 10.30 horas dest mércores na rotonda de Médico Ballina, na parroquia de Lérez, na que se viron implicados catro turismos.
O choque producíase despois de que un dos vehículos implicados, un furgón, quedase sen freos. Así o explicaba un dos condutores afectados que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.
Un condutor indicaba que sufía molestias nas costas e nas cervicais. Foi atendido e trasladado, xunto con outro afectado, a un centro hospitalario da cidade, segundo informa o Servizo de Emerxencias do 112.
Tras recibir a alerta, o persoal de CAE 112 Galicia pediu a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, bombeiros e axentes da Garda Civil de Tráfico.